En Avega elaboramos produtos ecolóxicos desde a nosa fundación no ano 2002. Ovos e polos cun sabor artesán que só se acada coa cría en liberdade e os mellores coidados nutricionais, sen tratamentos antibióticos innecesarios, nin colorantes que camuflen a súa cor natural.
En Galicia sabemos que os mellores alimentos son os da casa. Pois aquí é onde encontras o sabor artesán por natureza.
O proceso de traballo para facer os nosos produtos está definido por un compromiso co noso planeta, coa nosa contorna e co benestar dos nosos animais. Por iso só elaboramos produtos ecolóxicos, por iso non forzamos o crecemento dos nosos animais, nin lles aplicamos tratamentos innecesarios.
E o noso compromiso vai máis alá. Nas nosas granxas só empregamos as máquinas estritamente necesarias para desenvolver a nosa actividade. Artesanía desde a raíz, co cariño e o mimo das mans do noso equipo humano.