A nosa
natureza

Ecolóxicos

Só producimos produtos ecolóxicos, porque temos un compromiso innato co noso planeta, a nosa contorna e co benestar dos nosos animais. Non temos liñas de produción non ecolóxicas, nin as tivemos, nin as teremos.

Naturais

Cando dicimos “elaboramos” dicimos que axudamos os nosos animais na tarefa: eles son os protagonistas. Críanse en liberdade e alimentámolos con produtos vexetais ecolóxicos.

Sans

Non tratamos os nosos animais con medicamentos nin antibióticos. Se ti non tomas medicamentos cando estás san, non o imos facer tampouco con eles. É lóxico e é ecolóxico.

Sosegados

Non forzamos o crecemento dos nosos animais. A artesanía ten o seu tempo e isto reflíctese na calidade dos nosos produtos.

Auténticos

Non engadimos colorantes nin conservantes á carne dos nosos polos. O natural é fermoso e a túa saúde impórtanos.

Artesáns

Somos artesáns do sabor. Nas nosas granxas non temos máis máquinas que as estritamente necesarias para realizar as nosas tarefas. Gústannos máis as persoas. Que lle imos facer?

Implicados

Só producimos o que producimos. Nin sobreproducimos nin compramos produtos a outras empresas. E se se acaba? Pois acabouse. Alegraranos saber que gozaches cos nosos produtos.

Ecolóxicos e artesáns por natureza

Avega nace en Galicia en 2002 cun obxectivo claro: elaborar produtos ecolóxicos como se fixo toda a vida, con todo o noso cariño e buscando o benestar dos animais. Desde os nosos inicios producimos ovos ecolóxicos. En 2004 comezamos a distribuír pensos ecolóxicos para que outros coidadores e artesáns do sabor poidan nutrir os seus animais cos mellores produtos. Desde 2018, ademais, ofrecemos tamén polo, ecolóxico, por suposto.

Certificados ecolóxicos

Estes selos nos nosos produtos certifican a súa procedencia e o carácter ecolóxico, aínda que cando os saborees tamén poderás comprobar que o son, porque só que é da casa sabe como da casa.