O SABOR
ARTESÁN

Ovos de produción ecolóxica con sabor artesán

Coñeces aquilo de “os mellores ovos, os da casa”? Pois son estes. Ovos de galiñas criadas en liberdade en Galicia, con alimentación exclusivamente ecolóxica, sen tratamentos antibióticos innecesarios. Por todo isto, os nosos ovos parécense a outros ovos como un ovo a unha castaña.

Polo ecolóxico por natureza

Polo criado en liberdade en Galicia, nutrido con produtos ecolóxicos vexetais de alta calidade, sen tratamentos antibióticos innecesarios, sen colorantes que camuflen a súa fermosura orixinal.

Pensos 100% ecolóxicos

Pensos ecolóxicos a partir de produtos vexetais da máis alta calidade, para gandos bovino e aviar, pensados para que máis artesáns do sabor poidan nutrir os seus animais co mellor do mellor.

Queres distribuír ou gozar dos nosos produtos?